Presentación da colección “Mulleres bravas da nosa historia”
O próximo mércores 1 de Febreiro ás 18:30 h. na Biblioteca Forum temos a presentación da colección “Mulleres bravas da nosa historia” de Urco Editora.
Rosalía de Castro, María Victoria Moreno… Elas son as protagonistas dunha colección que pretende dar a coñecer a algunhas das mulleres exemplares da historia da Galicia aos máis pequenos.
Ademais de contar a biografía das protagonistas, os libros contarán con actividades para realizar coas nenas e nenos e cronoloxía, todo para axudar a valorar a achega das protagonistas á nosa cultura e ao noso país, ás veces ocultada polo feito de ser muller.
Todos os libros contarán coas ilustracións de Eva Agra e texto de diferentes autoras de renome, como María Lado, Eli Ríos, Elvira Ribeiro, Ledicia Costas, María Reimóndez,…
Posted on 28 Xaneiro, 2017, in A biblioteca recomenda, Escritores, Ilustradores, Novas, Para nenos de 6 a 8 anos and tagged Biblioteca Municipal Forum Metropolitano, Eli Ríos, Elvira Ribeiro, Eva Agra, Ledicia Costas, María Reimóndez, María Victoria Moreno, maria lado, Mulleres bravas da nosa historia, Rosalia de Castro, urco editora. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0