CONCURSO #MeuLibro
– Que si, un lote completo!!!
– Nas biblios?
– Claro, o día 23 é o Día do Libro e dende ElClú pensamos que qué mellor xeito de celebralo que compartir as nosas lecturas participando no concurso que facemos.
– Que boa idea! E que dis que hai que facer?
– Fácil! Empregas o hashtag #meulibro e compártelo nas redes.
– E que teño que dicir?
– Pois o libro que esteas a ler, o que máis che gustou ou que recomendarías…
– Vale, e que dis que hai que poñer?
– #meulibro
– Ah! Pois voulle sacar unha foto e compartilo agora mesmo no Instagram das Biblios!
Xa vedes, na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, ElClú celebra o#DíadoLibro cun concurso para conseguir un lote sorpresa de libros e materiais multimedia a través das redes das Bibliotecas Municipais (Facebook, Instagram, Twitter…) indicando cal é o #meulibro. Só tedes que subir o título ou portada do libro que queirades entre hoxe 21 ata o xoves 29 de abril. O venres 30 de abril farase o sorteo e publicarase o nome d# afortunad#
E se tedes dúbidas de cal escoller (sabemos que non é doado) na Biblioteca Infantil e xuvenil (Durán Loriga) temos unha mostra celebrando os aniversarios de Cervantes e Shakespeare que poden dar pistas!!!
Posted on 22 Abril, 2016, in A biblioteca recomenda, Efemérides, ElClú, Escritores, Libros lidos, Novas, Recomendacións dos nosos lectores, Xeral and tagged binfantil, cervantes, clubes de lectura, concursos, Día do libro, ElClú, Lecturas, shakespeare. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0