As mellores sagas na Biblioteca Ágora
Gústanche as historias longas que parecen non ter fin? Eres d@s que se conectan ás redes e foros para saber que día se publica a última entrega da túa serie favorita? Apasiónante as historias ambientadas en mundos estraños? Prefires as novelas nas que os protagonistas se rebelan contra gobernos opresores? O teu son as historias de amor románticas?…
Guía de lectura : As mellores sagas
Descarga aquí a gúia en Castelán ou Galego
A Biblioteca Ágora, no espazo Os mellores de… ofréceche, esta guía de lectura na que destacamos algunhas sagas literarias que che poden interesar. De todos os tempos, para todos os gustos e para todas as idades
Magos, elfos, ananos, aventuras en mundos poboados por critaturas fantásticas, heroes e deuses do Olimpo, familias enforntadas polo trono, a loita pola suvpervivencia convertida en espectáculo televisivo, cazadores de sombras, visións dun futuro pouco tranquilzador, misterios da Antiga Roma, historias de amor imposible…
Todo isto podes encontralo, para gozar sen présas, tomo tras tomo, nas Mellores Sagas que a Biblioteca Ágora selecciona para ti
Non esperes mais e acude á biblioteca para levalas en préstamo!
Posted on 28 Decembro, 2015, in A biblioteca recomenda, Novela intriga y misterio, Novela romántica, Xeral and tagged bagora, Biblioteca Agora, Distopías, guia de lectura, guias de lectura, literatura fantástica, Literatura xuvenil, os mellores de, Sagas literarias. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Pingback: O máis prestado na Biblioteca Os Rosales no 2015: literatura, cine e cómic | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña