Falemos de #libreríasmolonas
O Observatorio do Libro e a Lectura acaba de poñer en marcha en Twitter a campaña #libreríasmolonas coa intención de contribuír á difusión da labor das librerías e das persoas que traballan neste gremio. Con esta iniciativa, súmanse á celebración do Día das Librerías que terá lugar o próximo venres 13 de novembro.
Se, coma min, eres unha persoa namorada do cheiro a libro novo, dos marabillosos escaparates das librerías e poderías perderte durante horas e horas nos seus recunchos máxicos de lectura, anímote a que o chíes ben alto!
- Onde participar? En Twitter
- Cando? Do 6 ao 13 de novembro
- Como? Enviando un tweet a @observalibro co hashtag #libreríasmolonas e compartindo a librería ou librerías que mais che gustan e porqué. Podes empregar texto, imaxes, enlaces e/ou vídeos.
Na cidade da Coruña temos varias librerías molonas, que che parece se lles damos visibilidade na rede?
Posted on 7 Novembro, 2015, in Novas and tagged #libreríasmolonas, cegal, dia das librerias, dia de las librerias, observatorio del libro y la lectura, observatorio do libro e a lectura. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0