De maior quero ser… pequena!
Comeza o mes de agosto, o mes de verán por excelencia, e gustaríame aproveitar para recomendar un libro que me chamou a atención polo seu título e que me namorou con cada páxina: De mayor quiero ser pequeño, escrito e ilustrado por Ximo Abadía e editado en Dibbuks.
Un álbum ilustrado que, a priori está destinado ao público infantil, pode e debe ser saboreado por todas aquelas persoas adultas que na súa apretada axenda olvidaron reservar un oco para mirar o mundo cos ollos do seu neno interior.
Os textos son simples e divertidos e conseguen o seu obxectivo: debuxar un sorriso na cara da persoa que os está a ler.
Pola súa banda, as ilustracións son realmente entrañables e nos transportan a esos momentos máxicos da infancia nos que todo semella ser posible: saír a pasear cun elefante, atopar un pingüín na neveira ou charlar cunha xirafa. E evocaron en min recordos como unha tromba que te sorprende en pleno verán, a brisa do mar cando roza a pel ese primeiro día de praia ou cando empezan a soar os primeiros acordes da túa canción favorita no momento axeitado. Para que te fagas unha idea de que estou a falar… comparto contigo as catro ilustracións que máis me impactaron:
De mayor quiero ser pequeño é, en definitiva, unha obra para todos os públicos. Para nenas e nenos porque invita a xogar, a imaxinar e a soñar e para persoas adultas porque nos dá a clave para crecer sen olvidarnos de ser pequenos de cando en vez.
Convídote a gozar desta delicia para os sentidos acompañada dunha boa banda sonora, por exemplo, a canción New soul de Yael Naim.
Posted on 1 Agosto, 2015, in A biblioteca recomenda, Obras and tagged #recomendamosbmc, de mayor quiero ser pequeño, dibbuks, new soul, recomendaciones verano, recomendacions veran, ximo abadia, yael naim. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
grazas, pola recomendación. Gustoume moitisimo o vídeo e a cantante.
Acabo de incorporarme ao blog e pareceme un super excelente agasallo de benvida!!!!!
Boas vacacions
Josefa Seoane Taibo
2015-08-01 14:06 GMT+02:00 “Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais
Moitísimas grazas a ti Josefa, por pasar polo blog e por compartir con nós a túa opinión. Alégrome moito de que che gustase a recomendación 😉 Feliz verán e que nunca nos falte a boa música nin os libros!