Día da diversidade cultural
O 21 de maio conmemoramos o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento e dende as Bibliotecas Municipais queremos sumarnos a esta celebración que debe axudarnos a comprender o valor da diversidade cultural e a mellorar a convivencia.
A Declaración Universal da UNESCO sobre a Diversidade Cultural aprobouse no ano 2001 e a continuación, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, declarou o 21 de maio como o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento, a través da súa resolución 57/249 de decembro de 2002. Dende entón vense celebrando.
Gustaríame aproveitar a ocasión para recomendar unha obra que nos invita a descubrir, valorar e gozar a diversidade e a riqueza do mundo. Trátase da edición actualizada de Gente, escrita e ilustrada por Peter Spier (1927- ) e publicada recentemente en Patio Editorial. Aínda que se trata dun libro orientado especialmente ao público infantil, é de lectura obrigada para adultos de tódalas idades pola súa marabillosa lección de respecto e tolerancia.
A través de textos breves e magníficas ilustracións ás que non lles falta detalle, descubrimos un sinfín de persoas!!! Persoas de distintos países e continentes, persoas que viven de xeito diferente, persoas que se divirten de maneira diferente, persoas de aspecto físico diferente, persoas de relixións diferentes, persoas que se expresan en linguas diferentes… E precisamente no coñecemento desta diversidade está a base da tolerancia e o respecto á diferenza.
Anímovos a facer un percorrido pola diversidade que existe no mundo da man de Peter Spier e se é coa canción Xente de Berrogüetto como banda sonora, mellor que mellor!
Es muy extraño: algunas personas odian a otras porque no son como ellas. Porque son diferentes. Olvidan que ellos también parecerían diferentes si se pudieran ver a través de los ojos de las otras personas.
Pero imagina lo terriblemente aburrido que sería nuestro mundo si todo el mundo pareciera, pensase, comiese, vistiera y actuara igual.
Así que, ¿no es maravilloso que todos seamos diferentes?
Posted on 18 Maio, 2015, in A biblioteca recomenda, Efemérides and tagged #recomendamosbmc, declaracion universal da UNESCO sobre a diversidade cultural, dia da diversidade cultural, dia de la diversidad cultural, do one thing for diversity and inclusion, gente, haz un gesto por la diversidad y la inclusion, patio editorial, people, peter spier. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0