Vidas exemplares… ou non! : As mellores biografías
Dende diferentes ámbitos, e por diferentes motivos, moitos homes e mulleres deixaron a súa profunda pegada na historia . Homes e mulleres que viviron para a música, a ciencia, as artes, a literatura, que loitaron por defender os dereitos universais, se sublevaron, ou que dende o poder determinaron, para ben ou para mal, a vida de moitas persoas. Dende a Biblioteca Municipal Ágora ofrecémosvos unha selección de biografías, memorias, cómics, ensaios, películas, novelas… baseadas nestas persoas.
Conscientes de que moitos outros poderían estar aquí representados, pedímosvos a vosa colaboración para valorar os materias seleccionados e recomendar outros que que botedes en falta
Guía de lectura As mellores biografías
Descarga aquí a guía Galego, Castelán
Aqui tedes a guía de lectura de As mellores biografías para que podades consultar os materiais que seleccionamos para vós.
Posted on 13 Abril, 2015, in A biblioteca recomenda, Club Ágora, Novela histórica e biográfica and tagged #recomendamosbmc, bagora, Biblioteca Agora, Biografias, biopic, comic, guia de lectura, guias de lectura, novela biografica, os mellores de. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Outro libro interesantísimo para engadir á guía de lectura, podería ser “El hombre que amaba a los perros” de Leonardo Padura. Nesta complexa novela, dacabalo entre a realidade e a ficción, o autor reconstrúe as traxectorias vitales de Liev Davídovich Bronstein, mais coñecido comoTrotski, e o seu asasino Ramón Mercader, víctima e verdugo dun dos crimes mais reveladores do século XX. O episodio permítelle ademais a Padura falar do fracaso da revolución do proletariado cando esta cae en mans dunha das figuras mais infames de historia: Stalin