Libros, Imaxes, Curtametraxes
Acabáronse as clases, o verán xa está aquí!! Desde a Biblioteca Infantil e Xuvenil pensamos nos/as mozos/as de ElClú, todo o verán sen vernos? Sen comentar lecturas?? Non pode ser, dixémonos, así que se nos ocorreu rodar unha curtametraxe, de e para ElClú. Por iso, porque é tempo de coñecer xente e facer novos amigos, convidámosvos a participar no taller “Libros, imaxes, curtametraxes” impartido por Xes Chapela, dentro do Programa: “Ler conta moito”
Coñeceremos os trucos para rodar unha curtametraxe, por exemplo: que é un storyboard? e un plano detalle? Ven e descúbreo. A sesión de preparación será o 2 de xullo, de 11 a 12.30h, e o taller realizarase en 4 sesións os días 4, 5, 11 e 12 de xullo, en horario de mañá de 11 a 12:30h.
Pasa pola Biblioteca Infantil e Xuvenil e inscríbete a partir do 25 de Xuño de maneira presencial en horario de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas ou se o prefires chámanos ao 981 184 388.
Para ir facendo boca, podedes atopar na Biblioteca Infantil e Xuvenil unha mostra que recopila algúns deses libros, xunto coa película, que se levaron ó cine: “3,2,1,… LeerCine”. Pódes atopar estes e outros moitos no catálogo das Bibliotecas Municipais.
Posted on 23 Xuño, 2014, in Actividades do club, ElClú and tagged 3.2.1... Leer Cine, ElClú, jovenes, Ler conta moito, taller de cortometrajes, verano, Xes Chapela. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0