Parque Muerte de Fernando Lalana
“El Clú” volveu, e con él chegaron compañeiros novos aos que lles damos a benvida, e para coñecernos un pouco máis volvémonos a preguntar o de “É ti que les?”, e aquí tedes as nosas recomendacións:
- Historias de color tierra de Kim Dong-Hwa
- Las cosas que nunca nos dijimos de Marc Levy
- El principito de Antoine de Saint-Exupéry
- Mafalda de Quino
- Molly Moon y el increible libro de hipnotismo de Georgia Byng
No catálogo das Biblitoecas Municipais podedes consultar a súa dispoñiblidade.
Empezamos esta nova etapa cunha lectura divertida e irónica a pesar de que a temática central é a morte, algo cotidiano e inevitable, pero ao mesmo tempo un tema delicado de tratar. Falamos de Parque Muerte de Fernando Lalana, novela coa que gañou o XX Premio de Literatura Infantil EDEBÉ e que nos #recomendamosbmc.
A multinacional armamentística española PISPROSA decide crear o seu propio parque temático dedicado á morte. O éxito é absoluto. Pero ao cumprirse un ano da súa posta en marcha, comezan a suceder en Parque Morte uns terribles e inexplicables acontecementos.
Na última sesión podemos comentar a primeira parte desta novela, de ton lixeiro, con momentos divertidos, que formula unha historia orixinal en torno a un parque de atraccións. Fernando Lalana, emprega un ton irónico ao longo da novela, empregando moi ben o dobre sentido tanto nos nomes dos personaxes, coma así tamén, o uso das expresións cotiás relacionadas coa morte, armas,…
O vindeiro xoves reunirémonos de novo para coñecer o desenlace da nosa primeira lectura e poñer en común as nosas impresións e conclusións entorno os acontecementos misteriosos que acontecen no Parque Morte.
Adiantámosvos que o xoves 13 de marzo, en “ElClú” teremos connosco á coruñesa Isabel Pérez, baixo o pseudónimo de Bella Ficus, que con 15 anos publicou a novela Ágata azul. Bella Ficus falaranos do seu libro e sobre o certame de NaNoWriMo2013 do que foi gañadora; ao igual que dos seus futuros proxectos.
Podedes seguirnos en Facebook e en Twitter, co noso hashtag #CLÚxuvenil, e ver as fotos das sesiones no Flickr.
Posted on 24 Febreiro, 2014, in ElClú, Libros lidos, Xeral and tagged club de lectura, ElClú, Fernando Lalana, jovenes, Parque Muerte. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0