A opinión dos nosos lectores conta
Nas nosas Biblioteca Municipais a túa opinión conta….
Algúns dos nosos lectores e usuarios fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas Biblioteca Municipal Os Rosales, Monte Alto durante o pasado mes decembro que finalmente foron incorporadas á nosa colección:
- Hugo Chávez : mi primera vida : conversaciones con Ignacio Ramonet
- O raposo e a mestra / Manuel Rivas ; ilustracions de Jacobo Fernandez Serrano.
- Todos somos / Marcos Calveiro
- La redención de Gabriel / Sylvain Reynard
- El lugar más feliz del mundo/David Jiménez
- La cocinera de Himmler/ Franz-Olivier Giesbert
- Autofácil ( Revista de coches)
Vos tamén podesdes suxerir a compra de materiais para incorporar os fondos das nosas bibliotecas en calquer comento a través dos servizo de petición de compra/desidertas. Deste xeito , podesdes solicitar a compra dun libro, un disco, unha película ou recomendarnos tamén a incorporación dunha revista ou dun xornal.
É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
- Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
As vosas recomendacións tamén nos interesan, por iso convidámosvos a que nos sigades na nosa conta de Twitter @bibcoruna co noso hashtag #recomendamosbmc onde tanto nós, os profesonais bibliotecarios, como vós, os nosos lectores facemos recomendacións persoais sobre libros, películas, música etc.
Posted on 12 Febreiro, 2014, in Recomendacións dos nosos lectores, Xeral and tagged autofacil, david jimenez, desideratas, el lugar mas feliz, franz-olivier giesbert, hugo chavez: mi primera novela: conversaciones con Ignacio Ramoment, la cocinera de himmler, la redencion de gabriel, Manuel Rivas, marcos calveiro, o raposo e a mestra, recomendaciones, sugerencias de compra, sylvain reynard, todos somos. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Pingback: Recomendacións dos nen@s para o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil | Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña