Os nosos lectores recomendan
Nas nosas Biblioteca Municipais a túa opinión conta….
Sabes qué que vos tamén podesdes suxerir a compra de materiais para incorporar os fondos das nosas bibliotecas en calquer comento a través dos servizo de petición de compra/desidertas. Deste xeito , podesdes solicitar a compra dun libro, un disco, unha película ou recomendarnos tamén a incorporación dunha revista ou dun xornal.
É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
- Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo. No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
Algúns dos nosos lectores e usuarios fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas Biblioteca Municipal Os Rosales, Monte Alto e Biblioteca Infantil e Xuvenil durante o pasado mes decembro que finalmente foron incorporadas á nosa colección:
- Swinging Christmas / un cuento musical de Benjamin Lacombe:
- El secreto de las hadas del lago / Tea Stilton
- El club de Tea en peligro / Tea Stilton
- Diario de Greg : un pringao total / Jeff Kinney
- El niño ya come solo/ G.Rapley; T.Murkett
- El laberinto/ Matthew Reilly
- Ás veces quero morrer coa risa/ Birgit Schlieper y Nina Stahl
- Cuesta abajo/ Michael Connelly
- La isla petrificada/ Geronimo Stilton
Twitter: anímate a recomendar
As vosas recomendacións tamén nos interesan, por iso convidámosvos a que nos sigades na nosa conta de Twitter @bibcoruna co noso hashtag #recomendamosbmc onde tanto nós, os profesonais bibliotecarios, como vós, os nosos lectores facemos recomendacións persoais sobre libros, películas, música etc.
Posted on 9 Xaneiro, 2014, in Novas, Obras, Recomendacións dos nosos lectores and tagged binfantil, bmontealto, brosales, desideratas, peticiones de compra, peticions de compra, solicitudes de comprar. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0