Miguel Anxo Fernán Vello presenta Habitación de Asombro
El venres 12 de Xullo o poeta Miguel Anzxo Fernán Vello presenta o seu novo libro Habitación do Asombro editado por Espiral Maior na sede de Amigos de Museos de Galicia-Portas Ártabras as 20.00 horas
Naceu en Cospeito en 1985. Realizou estudos de Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña e de Psicoloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e AGAL.
En 1991 fundou a editorial Espiral Maior e foi, tamén, un dos fundadores das revistas Cen augas e Agália. Deuse a coñecer ao ser premiado no VIIº Concurso Modesto R. Figueiredo co relato Anti-memória dun día.
No ano 2001 estreouse, por encargo da Orquesta Sinfónica de Galicia, a súa cantata Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz.
Como escritor é autor de numerables obras tanto en poesia como de teatro, ademáis de colaborar en obras colectivas
Unha mostra das súas últimas obras son:
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
- Capital do corpo, 2004, Deputación da Coruña.
- Territorio da desaparición, 2004, Galaxia. Publicado en castelán (en edición bilingüe) como Territorio de la desaparición no 2011, en Huerga & Fierro.
- Dicionario do estremecemento, 2007, Espiral Maior.
- Antologia Poetica, organización de Manuele Masini e Teresa Seara, tradución ó italiano de Manuele Masini. Pisa, editorial ETS: 2008.
- Astro interior. Escolma poética 1984-2007, 2008, PEN Clube de Galicia/Danú.
- Habitación do asombro, 2013, Espiral Maior.
A súa última obra , Habitación do Asombro foi galardoada co XXVIII Premio de Poesia Cidade de Ourense.
No seu dia o xurado elexiu por unanimidade Habitación do Asombro e salientou que é:
«un libro de poemas de longo alento que mantén a tensión poética de principio a fin sen decaer en ningún momento. De grande unidade temática estilística, con imaxes reveladoras e brillantes, de grande perfección rítmica. Ofrece unha lectura transversal na que os poemas se vinculan ao momento histórico que vivimos».
Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podes atopar obras tanto de Miguel Anxo Fernán Vello como numerosos títulos da Editorial Espiral Maior, que el mesmo fundou e que é todo un referente da aposta pola poesía e polos autores noveles deste xénero.
Posted on 11 Xullo, 2013, in A biblioteca recomenda, Escritores, Novas, Obras and tagged habitacion do asombro, miguel anxo fernan vello, Poesía, presentacións. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0