A Coruña: un escenario de novela
A Coruña ao longo da súa historia constituíu tema ou foi escenario de novelas, relatos, contos…de escritores que lle dedicaron a súa imaxinación e as súas palabras, de maneira que se podería falar dunha A Coruña literaria.
Con motivo do Día do Libro, nas nosas bibliotecas podes atopar unha escolma de libros e películas que teñen á nosa cidade entre as súas páxinas e escenas. Libros e películas que convidamosvos a lectores e visitantes das nosas Bibliotecas a levalas en préstamo e pola contra pedimosvos que nos axudedes a mellorar e ampliar esta selección que podedes atopar na nosa wiki “A Coruña, un escenario de novela”: Un amor pequeño de Alejandro Gándara, Contos da Coruña de Xurxo Souto, La cruz de San Andrés de Camilo José Cela, La Tribuna de Emilia Pardo Bazán, Crímenes exquisitos de Nieves Abarca…
Que títulos botas en falta? que obra ambientada na Coruña esquecimos na nosa selección?
Posted on 18 Abril, 2013, in A biblioteca recomenda, Novas and tagged A Coruña, Día del libro, Día do libro, mostras, muestras. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0