De volta no Club de Lectura de Monte Alto
De volta outra vez, tras das vacacións do verán, e xa case sen saudar nin comentar as lecturas estivais, metémonos en profundidades narrativas cun exercicio moi especial: ler a cegas. In situ, desprevidos e sen axudas externas (nin wikipedia nin google que nos sirva de apuntador) lemos un conto curto que vén sen título, sen autor e sen calquera referencia que nos permita distinguilo. Trátase de desenferruxarnos do parón vacacional e trátase de prestarlle á lectura a atención que sempre nos requiriu e cunha única axuda, a intuición.
O espazo e o tempo sacámolos polas referencias da comida, bebida e roupa que nos dá un narrador. A forma de falar e o desenvolvemento dos personaxes dánnos pautas para localizar a acción nun punto determinado, espazotemporal e, elucubrando nun principio e remitíndonos á destreza dalgúns lectores, chegamos a barallar autores e obras. O autor é un home, norteamericano, a acción céntrase nun dinner bar dunha zona achegada a Chicago, nos anos trinta ou corenta…E barrallamos Faulkner, Hammet, Capote, até chegar a descubrir a este autor feito anónimo á mantenta.
O enlace para a obra e o autor.
Benvid@s á nova andaina do noso clube!
Posted on 23 Outubro, 2012, in Club Monte Alto. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0