Nas bibliotecas adicamos este mes a homosexualidade
Os fondos das bibliotecas son (e deben ser) un fiel reflexo da sociedade e moi especialmente das comunidades ás que prestan servizo de proximidade. Como bibliotecas e bibliotecarios, debemos ser partícipes, e mesmo impulsores, dos procesos de erradicación de toda manifestación excluínte, optando sempre por unha vía integradora da diversidade.
Calquera persoa que se achegue a unha biblioteca pública buscando información sobre o feito homosexual, bisexual e transexual require de nós unha resposta eficiente. Esta resposta debe traducirse nunha integración total de materiais que toquen a temática LGTB nas nosas estanterías e, ademais, no ciberespazo.
É por isto último que durante o mes de xuño, e con motivo da celebración do día do Orgullo LGTB, apoiando a mostra presencial Entendes? que podese consultar na Biblioteca Municipal Castrillón, preparamos unha escolma de música, cine, literatura, etc., accesibles dende Internet para contribuír e apoiar á comunidade LGTB na súa loita polo respecto.
- Wiki de fondos sobre LGTB
- Selección de recursos web sobre LGTB
- Selección de música
- Selección de trailers e esceas de películas e documentais
Nos nosos blogues podedes leer polo de agora sobre este tema:
- A delgada liña rosa (lgtb e comics)
- Animais e orgullo (lgtb no mundo animal)
- Orgullo e literatura (lgtb e literatura)
Posted on 21 Xuño, 2012, in A biblioteca recomenda and tagged homosexualidade, lgtb. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0