Barómetro de hábitos de lectura, 2011
Esta semana a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) fixo públicos os resultados do Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros, 2011.
Este Barómetro, que vén publicando de forma anual pola FGEE desde o ano 2000, axúdanos no coñecemento do perfil actual dos lectores españois, e a súa evolución ao longo do tempo, tanto para a lectura en formato analóxico (lectores de libros, xornais, revistas e cómic), como a partir de 2010 para a lectura en formato dixital (webs, blogs, foros, prensa, revistas, libros).
Ademais, contén un apartado de especial interese sobre asistencia e uso de bibliotecas, que este ano 2011 inclúe como novidade a valoración que os usuarios fan das bibliotecas ás que acoden, obtendo as bibliotecas españolas unha puntuación media de notable alto ( 7,8).
A estes datos engádense outros que tamén poden axudarnos a coñecer un pouco máis ao usuario das nosas bibliotecas como son a compra de libros e o uso de internet.
Posted on 11 Febreiro, 2012, in Novas and tagged Bibliotecas, Federación de Gremios de Editores de España, hábitos de lectura. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0