Xabier P. Docampo será o titor do VII Premio Biblos
O escritor lugués Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946) será o titor do 7º Premio Biblos-Pazos de Galicia, do que acaban de ser declarados finalistas Iria Morgade Valcárcel, de Poio (Pontevedra), Andrés Carrasco Solla, de Pontevedra, e Iria Ameixeiras Cundíns, de Baio-Zas (A Coruña).
O xurado deste galardón de novela, destinado a autores menores de 25 anos, estará formado, ademais do titor, pola gañadora da anterior edición, Elena Veiga, e mais Tucho Calvo. Os escritores finalistas deberán presentar agora, antes do 13 de xullo, unha versión o máis elaborada posible dos seus respectivos proxectos, cunha extensión non superios aos 150 folios. A resolución do premio terá lugar en xullo na tradicional cea da Casa Grande do Bachao na semana previa á do Día da Patria Galega.
Fonte: Galicia Hoxe
Posted on 16 Maio, 2011, in Escritores, Novas and tagged Xabier Docampo. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0