Author Archives: vanesarios
Recomendacións do Club dos Luns de Fórum
Xa comezamos o segundo trimestre do 2019 e no Club dos Luns de Fórum estamos metidos de cheo en novas lecturas. Aproveitamos este breve periodo vacacional para as nosas recomendacións que non queremos deixar de compartir convosco.
Estreamos o ano con El vestido azul (2004) unha obra sobre a escultora Camille Claudel (1864-1963), máis coñecida por ser a amante do seu mestre, Auguste Rodin (1840-1917), e a irmá do poeta Paul Claudel (1868-1955). Unha gran muller relegada á sombra dos homes, co morbo engadido do transtorno mental e a reclusión nun manicomio os últimos 30 anos da súa vida. Sen dúbida a historia non foi xusta con Camille e Desbordes ponse na súa pel para darlle outras palabras. Desbordes fai boa literatura, esixente e sen concisións. El vestido azul é un retrato de interiores, unha viaxe pola vida dunha muller dende os seus momentos álxidos como escultora e amante ata a súa decadencia.
O noso compañeiro Enrique, recentemente publicou un post máis extenso sobre a obra, que vos recomendamos que consultedes.
O cambio de temática foi notorio coa lectura das cartas de Querido Eduardo: cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor.
A editora Chan da Pólvora recupera neste libro con introducción e notas de Antón Lopo as históricas cartas entre o de Sada e o de Ourense. Unha correspondencia extraordinaria de dous homes extraordinarios. Cartas que percorren os grandes escenarios da política galega do século XX: a República, o Estatuto de Autonomía, a Guerra Civil e o Exilio.
A maioría das cartas do exilio teñen como orixe Santiago de Chile, aínda que as dúas primeiras proceden da República Dominicana, a onde Suárez Picallo chegou tras un breve paso por Nova York. As dificultades económicas, o desarraigo e a dor pola perda dos seus familiares (especialmente o seu irmán Antón) son as características que máis nos impresionan neste conxunto de cartas. Xunto a estas peculiaridades, nestes textos apreciamos o seu visceral anticomunismo, teima que lle quedara desde que nos días da Guerra Civil tivera que defender como avogado a dirixentes anarquistas encarcerados polos comunistas. Esta fixación contra os comunistas españois afectará tamén á súa relación con outros líderes galeguistas, caso de Castelao, a quen lle afea a súa subordinación ao PCE.
Feito destacable é que sexa porque se trata de documentos persoais, sexa pola decisión do editor destas cartas, o certo é que neste libro abórdase con valentía e sen prexuízos a homosexualidade de ambos protagonistas. Este é un tema que, a pesar de ser coñecido, na maioría da bibliografía omítese deliberadamente, sobre todo no caso de Ramón Suárez Picallo. En efecto, nese senso Lopo teno claro: “A homosexualidade reforzaba a súa unión fronte a unha contorna agresiva e «facíaos máis íntimos»…” (p. 19).
Continuamos as nosas lecturas cun libro breve pero que abarca un mundo complexo, a vida dunha muller entre dúas culturas a vietnamita de nacemento e a norteamericana que lle abre as portas pero con reservas. Estamos a falar de Vi, una mujer minúscula. Vi é unha historia de búsqueda, de aprendizaxe, de desarraigo. para a súa lectura consultade máis neste outro post do noso compañeiro Enrique do Club dos Martes.
Con motivo do ciclo temático “ MULLER” que se desenvolveu na biblioteca do Fórum durante o primeiro trimestre do ano, aproveitamos a ocasión para ler a Chimamanda nome clave do Feminismo mundial.
A flor púrpura, primeira novela da nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie, está contada coa voz de Kambili, unha moza de 15 anos de idade que forma parte dunha familia adiñeirada de Nixeria. Vive cos seus papás e o seu irmán maior, Jaja, nunha casa espazosa e cómoda. Asiste a unha boa escola privada. Ten persoas ao seu servizo e come o que se lle antolla. Pero a súa vida dista moito de ser feliz: o seu papá, un home de negocios moi exitoso, é un fanático católico que se empeña en ter unha familia perfecta. Para logralo, recorre a todo tipo de violencia, contra os seus fillos e contra a súa esposa. O terror imponse todos os días.
Esta é unha novela dura e conmovedora que nos narra a vida dunha familia nixeriana no momento xusto en que os dous fillos perden a inocencia e danse conta de que o mundo non ten por que ser tan escuro como aquel en o que viviron ata entón. Como pano de fondo o país vive unha conflitiva situación política e eles crecerán como persoas e por fin serán capaces de emanciparse dun pai controlador que ata o momento non lles deixaba ser eles mesmos.
O argumento en si mesmo xa é chamativo pero a eso hai que sumarlle unhas descricións deliciosas de sabores, cheiros e tonalidades, que axudan a mergullarse no universo da obra. Dende o Club dos Luns recomendávosvos que non deixedes pasar a súa lectura.
E pechamos as nosas lecturas recomendadas con Desoriental de Négar Djavadi. É a primeira novela da autora nada en Irán en 1969 e criada nunha familia de intelectuais opostos ao réxime do Sah tanto como ao do aiatolá Jomeini e chegada a Francia aos once anos presenta unha muller que quere ter un fillo e non pode. Repasa o seu pasado familiar en Irán para darse conta da rebeldía que leva nos xenes e asentar a súa personalidade, arraigada ás tribos urbanas dunha cidade grande e cosmopolita como París.
Por las noches, Kimiâ pincha rock alternativo. Durante el día, sigue un tratamiento de inseminación artificial para poder tener un hijo con su novia Anna. Kimiâ, nacida en Teherán en 1971, se exilió a Francia con su familia, y para poder disfrutar de su libertad, mantuvo las distancias con su cultura de origen. Sin embargo, mientras espera en el hospital, yendo de consulta en consulta, los recuerdos del pasado la invaden.
Desoriental é unha historia con moito poder narrativo, un relato que aborda o conflito cultural e social que existe actualmente en Europa. A familia de Kimiâ tivo que exiliarse e a historia de tres xeracións queda detallada nunha novela que aborda a realidade dos exiliados.
Cunha prosa directa e sen adornos, non pasa desapercibido o feito de que Djavadi se formou no Instituto Nacional Superior de Artes Escénicas ( INSAS) de Bruxelas e que pasou dez anos detrás da cámara antes de escribir guións. Este feito refléxase na novela con técnicas cinematográficas, con altos no tempo e alucións directas a planos e movementos de cámara. Frecuente tamén é atopar no libro notas ao pé de páxina onde vai a Wikipedia para desenvolver ou aclarar algún feito histórico. Notas necesarias para axudar a comprender a historia de Irán e a que o lector non se perda e poida visualizar a xeografía ou coñecer os detalles defíciles de integrar no texto. Segundo a propia autora recoñece, estas notas foron ademais, “un xogo co lector, un xeito de entrar en maior complicidade”.
Agardamos que entre as nosas recomendacións poidades atopar a lectura que vos acompañe durante estas vacacións, lembrade consultar a súa dispoñibilidade no noso catálogo.
Lo que callan los muertos
No Club de Lectura dos Luns da Biblioteca Fórum Metropolitano xa desfrutamos da obra Lo que callan los muertos de Ana Lena Rivera, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá 2017,grazas á xenerosa doazón dos exemplares por parte da editorial Maeva.
Foi unha lectura programada para poder asistir á presentación oficial do libro que organiza a Deputación da Coruña este xoves 7 de febreiro ás 19:00 h. O acto terá lugar na Biblioteca da propia Deputación e acompañarán á autora Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, e Ramón Rozas Domínguez, xornalista e membro do xurado.
Lo que callan los muertos é unha novela de misterio ambientada en Oviedo e protagonizada por unha investigadora de fraudes que por unanimidade espertou a simpatía das nosas lectoras. Unha lectura moi entretida con segredos familiares, intriga e un toque de humor. O propio xurado destaca dela
Una obra en la que destaca la trama mientras exhibe un lenguaje fresco y contemporáneo, además de una gran habilidad a la hora de construir espacios cotidianos
Lo que callan los muertos é a primeira entrega dunha serie protagonizada pola investigadora Gracia San Sebastián pero que continuará, segundo afirma a propia autora, con tantas entregas como desexen os lectores.
Gracia San Sebastián ha renunciado a una exitosa carrera laboral en Nueva York y ha regresado junto a su marido Jorge a su Oviedo natal para ejercer de investigadora de fraudes a la Seguridad Social. Su nuevo caso está relacionada con el cobro de la pensión de un militar franquista que sobrepasa los ciento doce años, cifra a todas luces sospechosa.
Mientras su vida personal avanza por sendas imprevistas, Gracia se encontrará con ramificaciones del caso que la llevarán a investigar el suicidio de una vecina de su madre. De vez en cuando pide consejo a una buena amiga de la familia, la monja dominica sor Florencia
Asturiana de nacemento e corazón, Ana Lena leva moitos anos vivindo en Madrid. Estudou Dereito e Administración e Dirección de Empresas porque era o que se esperaba dela, aínda que Ana soñaba con ser científica, criminóloga ou piloto de aviación. De directiva dunha multinacional pasou a ser escritora. Foron as súas dúas paixóns, o seu fillo e a escritura, as que fixeron que un bo día espertara e decidira deixalo todo para adicarse ao que máis lle enchía, a escritura. Un dato curioso é o que apunta a propia autora
Mi madre nunca quiso comprarme libros, le preocupaba que pasara tanto tiempo leyendo, así que tenía que leer lo que había en casa
Tedes máis información da autora e da obra na páxina da propia Ana Lena Rivera. Dende o noso Club de Lectura dos Luns queda máis que recomendada a súa lectura e se tedes a oportunidade non deixedes de acudir á presentación porque sempre é unha oportunidade poder charlar e intercambiar opinións de ti a ti cos autores que previamente lemos e desfrutamos coas súas obras.
As lecturas do Club dos Luns de Fórum
Comezamos o ano con novas lecturas pero facendo repaso das lidas no último trimestre do ano.
O outono estrenámolo con Volver a casa de Yaa Gyasi, a primeira novela da escritora estadounidense de orixe ganesa. Yaa Gyasi mostra un mosaico de feitos e acontecementos que abarcan desde o século XVIII ata o comezo do XXI, partindo dun tronco común que pronto se bifurca a partir de dúas mulleres, dúas irmás que non chegarán a coñecerse, e os seus descendentes. Así, coma se se tratásese dunha colección de relatos, preséntanse as vidas dos descendentes de Effia (a bela, que queda en Ghana) e dos de Esi (a escrava, que será levada a Estados Unidos). Para máis información do libro podedes consultar o post que fixo no seu momento o noso compañeiro Enrique aquí.
A Volver a casa, seguiu Las voces del desierto de Marlo Morgan. O libro narra a longa viaxe da autora polo deserto australiano
en compañía dunha tribo de aboríxes, a súa transformación e integración na súa forma de entender a vida e a súa comuñón coa natureza. Marlo emprende unha viaxe que vai máis aló da superación física ou mental, trátase dun percorrido espiritual cara á verdadeira orixe e natureza do ser humano, un camiño cara á reflexión persoal e global de cara a onde estamos a ir neste aloucado mundo.
A humildade e sinxeleza do modo de vida dos aborixes australianos é transmitida a Marlo, que é aceptada por eles como a súa mensaxeira para transmitir un contundente e impactante mensaxe que merece a pena descubrir lendo o libro. Hai opinións en contra de que a viaxe e a experiencia vivida por Marlo fose real, afirmando que é ficción. Que sexa real ou non, o certo é que a mensaxe que transmite é moi positiva e profundo, merece a pena lelo.
Continuamos con La hija del Este a sexta novela de Clara Usón e segundo a crítica a mellor e máis ambiciosa de todas as que leva escritas. Nela ocúpase da recente guerra dos Balcáns. Tedes máis información neste post publicado anteriormente.
E rematamos o ano con Tierra de campos do escritor, periodista e director de cine David Trueba. Unha novela sobre os conflitos emocionais dun músico que debe enterrar ao seu pai no seu pobo natal. De feito o autor detense moito máis na narración autobiográfica, centrada sobre todo en dous puntos: a súa carreira artístico-musical e a lista dos seus amoríos, ca na propia paternidade. Trueba sabe explicar cómo nos relacionamos, como entablamos os sentimentos cun estilo sinxelo pero explicando ben a historia. O post completo aquí.
La Uruguaya de Pedro Mairal foi a primeira lectura deste recén estreado 2019.
O arxentino Pedro Mairal gañouse ao público e á crítica cunha novela que se converteu nun fenómeno editorial das letras en español. Publicada con gran éxito na Arxentina no 2016, La Uruguaya confirmou a Mairal como un dos máis destacados narradores da literatura arxentina contemporánea.
Hai sexo, diñeiro, infidelidade, humor, crise existencial, mezquindade, amargura, traizón e mesmo fútbol. Son os elementos cos que está tecida esta novela tan curta como intensa, tan apreciada polo público como pola crítica, O nome propio da uruguaia é Magalí Guerra. O protagonista do libro, o escritor Lucas Pereyra, casado e cun fillo, coñécea nun festival literario en Uruguai. Un ano despois, planea unha viaxe de Buenos Aires a Montevideo para cobrar un diñeiro (evitando as restricións cambiarias de Arxentina) e sobre todo para reencontrarse coa fermosa muller. O propio Mairal recoñece
“Me doy cuenta de que el protagonista provoca mucha identificación y no solo en los hombres. Evidentemente, las mujeres también se sienten encerradas en sus parejas, tienen amoríos mentales como el del personaje. Esa válvula de escape no corresponde solo a los hombres”
Pero a novela non é a viaxe en sí, é a reconstrución da viaxe anos despois que se ve rodeada de múltiples disgresións. Vai en ven entre os recordos, entre os detalles da súa vida conxugal, a súa infancia, os seus medos de pai moderno e as interpelacións á súa interlocutora. Non remata de saber o protagonista se o que conta, o que lembra, é o que sucedeu, o que se perdeu ou o que quixese que sucedese.
Narrada cunha brillante voz en primeira persoa, ese contarlle a alguén que pasou convértese na ferramenta literaria máis potente que usa Mairal nesta novela. Unha voz que fala ás veces a un ti (a un vos) que non é o lector, é alguén máis próximo, e que nos leva a nós, lectoras e lectores, da man e sen descanso polas súas páxinas.
La uruguaya é unha novela absolutamente contemporánea, aparentemente sinxela, pero cun estilo directo que consegue transmitirnos as sensacións polas que atravesa o protagonista. Unha novela que se comezas a lela, de seguro rematarás do tirón. En marcha está xa o guión da película da man do propio Mairal e do escritor Hernán Casciari
O autor: Pedro Mairal
Pedro Mairal naceu en Buenos Aires en 1970. A súa novela Una noche con Sabrina Love recibiu o Premio Clarín en 1998 e foi levada ao cinema. Publicou tamén as novelas El año del desierto (2005) e Salvatierra (2008), o volume de contos Hoy temprano (2001), e os libros de poesía Tigre como los pájaros (1996), Consumidor final (2003) e a triloxía Pornosonetos (2003, 2005 e 2008). En 2007 foi nomeado un dos 39 mellores novos escritores latinoamericanos polo Hai Festival de Bogotá. Traballa como guionista e escribe para distintos medios de comunicación. En 2013 publicou El gran surubí, unha novela en sonetos, e El equilibrio, unha recompilación das columnas que escribiu durante cinco anos para o diario Perfil. En 2015 publicou en Chile Maniobras de evasión, un libro de crónicas. A súa última novela, La uruguaya, recibiu en España o Premio Tigre Juan 2017 e confirmouno como un dos máis destacados autores arxentinos da súa xeración.
“Cre en ti”, novo ciclo temático na Biblioteca do Fórum
Na Biblioteca do Fórum estamos inmersos no ciclo temático “Cre en ti”. Un ciclo formado por unha selección de fondo bibliográfico e documental específico e por unha serie de actividades presencias na biblioteca que acompañan á mostra dando unha maior visibilidade e aportando un valor engadido. A selección bibliográfica está dispoñible para o préstamo e podedes consultar unha pequena escolma a través da guía de lectura.
O ciclo foi pensado e elaborado coa finalidade de axudar a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios e usuarias. Cada vez é máis importante prestar atención ó momento presente para tomar o control da nosa vida e cultivar as fontes da felicidade.
O estilo de vida actual fai preciso adoptar novas ideas e formas de pensar que nos permitan xerar novos comportamentos e actitudes, para, deste xeito, mellorar a nosa calidade de vida e alcanzar as metas e obxectivos que nos propoñamos, e poder gozar dunha sensación de benestar.
Até o de agora aprendemos como adestrar a nosa respiracion para acadar o benestar tanto a nivel físico como emocial da man das persoas profesionais do Centro de Ioga Integral Mahashakti. Achegámonos ó mindfulness da man de Manu Mariño (máster universitario e experto na materia) quen nos dou coñecemento de como nos pode axudar na nosa vida e ensinounos como aplicalo e integrar a súa práctica no noso día a día.
Estas son algunhas das nosas recomendacións bibliográficas:
Un programa de 8 semanas que che pode axudar a superar a depresión, a ansiedade e a tensión, simplemente aprendendo novas formas de responder aos teus propios pensamentos e sentimentos.
Tu primera sesión de meditación. Alejandra Vidal.
A tensión, a ansiedade, a depresión… son produto da frenética actividade mental á que estamos sometidos, e a meditación é a técnica ideal para aprender a deterse e gozar.
Calma é un libro interactivo, práctico, precioso e orixinal que axuda a recuperar a calma en medio da frenética rutina da vida cotiá.
Por que hai persoas que conseguen facilmente o que queren e outras non? Estás canso de que a túa vida non cambie? Mentres non tomes conciencia de quen es e non te ocupes de te coñecer, serás unha marioneta do teu subconsciente. Cre en ti non é un libro de autoaxuda. Cre en ti é un libro de autoempoderamento.
E a través dos contos en “A arte de emocionarte” nenos e nenas aprenderon a poñer nome ás súas emocións, a identificalas e adestralas, unha das bases para conseguir unha boa intelixencia emocional.
Soy feliz, no me preocupo. Jimmy Liao
Soy Feliz é un libro ilustrado ao detalle, en pequenas e grandes viñetas a todo cor, cunha linguaxe sincera e directa. Nel danse cita temas universais como o amor, o paso do tempo, a procura e a perda. E é que eran moitas as preocupacións do autor taiwanés, ata que descubriu que, en realidade, eran cousas polas que non valía a pena preocuparse.
Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saber escoitar aos demais e que desexa axudar á xente para humanizar as súas vidas. Sobre todo cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o seu tempo. Porque o tempo é vida e a vida reside no corazón.
Bestiario de las emociones. Adrienne Barman.
Un mostrario salvaxe de emocións no que os pequenos lectores poderán recoñecer a algúns dos animais máis sorprendentes do popular Bestiario de Adrienne Barman.
Estes son só algúns exemplos das nosas recomendacións, na Biblioteca Fórum podedes atopar unha selección moito máis ampla para levar en préstamo. E lembrade que durante todo o mes de novembro continuaremos coa programación de actividades relacionadas co ciclo “Cre en ti”, non deixedes de consultala na nosa páxina web e tamén a través das nosas redes sociais. Tamén vos deixamos unha pequena selección de fotos do acontecido até o de agora.
“Si tus pensamientos son positivos, tu cara brillará como el sol y siempre estarás radiante” Roald Dahl
Canciones de amor a quemarropa de Nickolas Butler
No club de lectura dos Luns da Biblioteca Forum ainda en vacacións seguimos coas lecturas. Despois de ler Tenemos que hablar de Kevin, El olvido que seremos e La extraña desaparición de Esme Lennox, obras xa reseñadas por outros compañeiros dos clubs de lectura, estamos inmersos no fenómeno indie da temporada Canciones de amor a quemarropa (Libros del Asterioide) de Nickolas Butler.
Canciones de amor a quemarropa é unha novela narrada en primeira persoa, coas voces alternas de cada un dos protagonistas: Henrio, Lee, Kip e Ronny ademais de Beth, a muller do primeiro e música country de fondo. Unha forma orixinal de saltar duns a outros, adiante e atrás, mostrando as diferentes visións que ten cada un deles.
Henrio, Lee, Kip e Ronny medraron xuntos no mesmo pobo de Wisconsin, Little Wing. Amigos dende nenos, as súas vidas comezaron de xeito similar, pero tomaron camiños distintos. Henry quedou no pobo e casou coa súa primeira noiva, mentres que o resto o abandonou en busca de algo máis: Ronny converteuse nun famoso vaqueiro de rodeo, Kip en exitoso axente de bolsa e Lee nunha estrela de rock de fama mundial.
Cada un deles en primeira persoa fala da súa vida, do seu traballo e das relacións cos que son os seus amigos da alma. A pesar dos anos transcorridos e da actividade profesional que lles levou a vivir experiencias moi distintas lonxe do seu pobo, manteñen máis ou menos a relación.Todos, ademais, cada un ao seu xeito, preocúpanse por Ronny e intentan axudarlle no que poden, especialmente Lee. Tras a voda de Kip virán a de Lee e a deRonny.
Trátase dunha novela coral que conta unha historia de amizade, con todo o que a amizade leva consigo cando os anos pasan e se espía nas súas fendas: lealdade, admiración, rivalidade, segredos, perdón… Pero tamén é unha historia de soidade e da necesidade de pertenza a unha comunidade, da busca das túas raíces, e de como -por moi lonxe que a vida che leve- sentes o pulo de buscar o teu camiño á casa. E é, ademais, case unha oda á natureza: desmedida, implacable, marabillosa aliada e inimiga inclemente; ao longo e ao largo da novela, os campos de sementeira, a neve infinita, os bosques… dan corpo a un personaxe con identidade propia.
En suma, Canciones de amor a quemarropa malia desenvolverse nun momento concreto, nun lugar concreto e cuns personaxes moi concretos, é tremendamente universal, e conta o que está a suceder en calquera instante, en calquera lugar e con calquera grupo de amigos. É unha historia sinxela pero emotiva e profunda que trata sobre as cousas que importan: o amor, a amizade e a lealdade, tamén sobre o poder da música e a beleza da natureza. Canciones de amor a quemarropa fálache de ti a ti das pequenas cousas da vida, que son ao final as grandes. A crítica di que se trata do fenómeno indie do ano, o éxito é tal que xa se fala da posibilidade de levala ao cine.
Nickolas Butler naceu en Allentown, Pennsylvania, criouse en Eau Claire, Wisconsin. É licenciado pola Universidade de Wisconsin e polo taller de escritores da Universidade de Wisconsin. Traballou no departamento de mantemento de Burger King, de vendedor de cadelos quentes, nunha empresa de telemercadotecnia, nunha industria cárnica, nun torrador de café e de dependente nunha licorería.
Os seus textos apareceron en Narrative Magazine, Ploughshares, The Kenyon Review Online, The Christian Science Monitor e The Progressive, entre outras publicacións. Vive en Wisconsin coa súa muller e os seus dous fillos. Canciones de amor a quemarropa é a súa novela na que deixa tintes autobiográficos.
Recomendamos a consulta do catálogo das Bibliotecas Municipais para comprobar a dispoñibilidade desta e outras obras de Libros del Asteroide, editorial que nos seus 11 anos de vida logrou posicionarse como unha editorial independente de referencia en España.
A Biblioteca Forum presenta: Ponte en escena
Coincidindo co Día Mundial do Teatro o 27 de marzo na Biblioteca Forum Metropolitano organizamos unha mostra bibliográfica adicada a esta arte e ao mundo da escena en xeral. A mostra estará dispoñible do 1 de febreiro ao 31 de abril na sala de adultos e na infantil da Biblioteca Forum Metropolitano.
Quixemos ir máis aló e a selección bibliográfica abarca dende libros informativos ata novelas e material sonoro e audiovisual. Entre o material seleccionado atoparás os diferentes xéneros do teatro: a obra musical, a comedia, a farsa, a pantomima, a comedia romántica, a traxedia, a fantasía, a ópera, o teatro do absurdo, e moitas outras formas, tanto tradicionais coma experimentais. Así como obras narrativas que posteriormente foron levadas ás táboas sendo todo un éxito.
O teatro é a rama da arte escénica relacionada coa actuación que representa historias fronte a unha audiencia usando unha combinación de discurso, xestos, escenografía, música, son e espectáculo. É tamén o xénero literario que comprende as obras concebidas para un escenario ante un público.
Queremos darlle protagonismo porque o teatro forma parte da cultura e polo tanto non pode permanecer distante dos movementos estéticos, artísticos, poéticos e culturais dos países por onde a súa influencia e memoria camiñan.
Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña propoñémosvos así achegarvos ao xénero do teatro e da escena. Podedes coñecer os fondos que integran a mostra no seguinte wiki “Ponte en escena”, na Guía de lectura da mostra. E acceder á galería fotográfica do flickr.
Ademáis da mostra poderás desfrutar das seguintes actividades:
Papiroflexias: Montaxe de teatro musical infantil
Cando: 25 de febreiro ás 18:30
Sala Infantil Biblioteca Forum Metropolitano
25 prazas para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Inscrición previa mediante formulario na páxina web das Bibliotecas Municipais a partir do 11 de febreiro ás 10 h.
Da man de Nelson Quinteiro e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse. As bolas, paxariñas, canóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato de transfondo ecolóxico.
A morte é a túa voz ausente: peza teatral inspirada nas últimas horas do autor italiano Cesare Pavese. É unha obra da
escritora e avogada Diana Varela na que o actor Juan Vázquez interpreta ao escritor Cesare Pavese.
Cando: 11 de marzo ás 20 h. na sala de adultos da Biblioteca Forum. Entrada libre ata completar aforo.
Cesare Pavese, antes de morrer, deixou unha nota de despedida. “Perdoo a todos e a todos pido perdón. De acordo? Non murmuredes moito”. Estas últimas horas da vida da vida do escritor serven como inspiración a Diana Puñal para escribir a peza teatral A morte é a túa voz ausente. Vítima de represións polo seu posicionamiento antifascista, suicidouse o 27 de agosto de 1950 nun hotel de Turín, despois de facer varias chamadas de teléfono…sen que ninguén collera ao outro lado.
Habitante: performance de interacción escénica a cargo do artista Nelson Quinteiro
Cando: 18 de marzo na sala de adultos da Biblioteca Forum. 12 h. instalación, 17 h. interacción, 19 h. representación final. A entrada será libre ata completar aforo.
A obra desenvolverase a partir das 12 da mañá ata as 9 da noite. O artista irá creando os espazos nos que interactuará co espectador ao longo do día. Haberá unha representación final ás 7 da tarde de todas as micropezas de teatro que se desenvolvan ao longo do día. O proxecto #habitante é un exercicio de creación plástica e escénica, ao mesmo tempo que unha actividade performática que leva consigo a composición, instalación, residencia, conversación co espectador/a e posta en escena de micro-pezas asociadas aos espazos escénicos.
Los peces no cierran los ojos de Erri De Luca
No club de lectura dos Luns da Biblioteca Forum rematamos de ler Los peces no cierran los ojos. A elección foi grazas ao seu autor, Erri De Luca tantas veces aclamado, e de quen ainda non tiveramos a oportunidade de ler nada.
Cunha portada ben significativa, o argumento da novela de por sí non sorprende, de feito foi numerosas veces acometido por outros escritores: a infancia perdida. Un home de cincuenta anos, desde a madurez, narra unha concisa crónica da súa nenez. Na obran recréanse así os recordos do protagonista ao redor dun episodio da nenez, ocorrido durante o verán no que cumpriu dez anos, durante as vacacións que pasou coa súa nai nunha aldea da costa próximo a Nápoles.
Os feitos desenvólvense nunha época complicada, na que ser italiano trala guerra fascista non é fácil, o protagonista ten unha peculiar forma de coñecer o mundo e quen o habita, faino a través dos libros do seu pai. Sen embargo, algo que non logra atopar neles é a explicación da palabra AMOR que tanto lle chama a atención, así o define:
se parece a una marejada de ábrego, revuelve el mar por encima y por debajo lo remueve
Entre a pesca e os libros, os paseos en solitario e os encontros cos rapaces do barrio, transcorren os seus días. Ata que coñece a unha nena sen nome que será quen lle descubra o peso de palabras como amor ou xustiza.
A obra é curta e poucos máis comentarios merece xa. De Luca só utiliza 124 páxinas para construír a historia con eficacia. Nun principio choca o seu particular estilo narrativo pero pouco a pouco engancha e logras afacerte a el porque te atrapa cunha forza arroiadora. Estamos ante unha novela breve, sinxela, emotiva e curta pero intensa.
Erri de Luca(Nápoles, 1950) é novelista, tradutor e poeta. Participou no movemento do 68 e foi militante revolucionario do grupo Lotta Continua, coa intención de subvertir a orde capitalista. Foi obreiro da Fiat, camioneiro e albanel. Percorreu os Balcáns con axuda humanitaria.
Nomeado escritor da década polo Correr della Sera, e galardoado cos premios France Culture, Femina Étranger, Laure Bataillon ou Petrarca, Erri De Luca é un dos autores italianos máis lidos e admirados en máis de vinte países: «O único escritor auténtico que por agora nos deu o século XXI», Correr della Sera.
De “Los peces no cierran los ojos”, di a crítica «Un pequeno milagre», L’Unità; «De Luca cóntanos que é crecer coa crúa sensibilidade da que é un gran mestre», Il futurista.
De Luca é autor de máis de cincuenta obras, nas bibliotecas Municipais podes atopar:
- Montedidio(2002),
- El día antes de la felicidad (2009)
- Los peces no cierran los ojos (2012)

































